jueves, 23 de octubre de 2008

"Blues Principal"

O xoves 23 de outubro, ás 22 horas, no Teatro Principal concerto de Charlie & The Bluescats, no ciclo "Blues Principal.

CHARLIE & THE BLUESCATS

Os Blues acompañan a Charlie (Carlos Pereira) desde moi novo. A breve infancia en Lisboa e o periplo transcontinental, a que foi obrigado a efectuar na compañía do seu tío Carlos, exiliado político e mariñeiro.
De Lisboa, onde naceu en 1962, pasando por diversos locais como: París en 1968, Copenhague, Casablanca, Bos Aires e, finalmente, os Estados Unidos de América en 1972. A chegada a Nova Orleáns foi un acontecemento que o marcou para o resto da vida. Aínda que, xa tivese os oídos «cargados» da gran música negra, foi a partir de aquí que trabou coñecemento co medio e algunhas figuras marcantes dos Blues.
Carlos Ribeiro, o seu tío, era un globetrotter amante da boa música e da bohemia e o pequeno Carlos logo se viu enredado nas teas das intensas emocións que rebordaban dos clubs e jukejoints do French Quarter e das pequenas cidades do delta do Mississipi.
En Clarksdale coñeceu Aaron Henry, un amigo do seu tío empeñado na loita polos dereitos civís dos negros. O señor Henry encargouse de Carlos nas ausencias do tío e abriulle o universo dos Blues do delta, con el viaxou ata Menfis en 1974 onde residiría nos dous anos seguintes. Con Willie Nix, batería, e co «Reverendo» Robert Wilkins, comezou a aprender os Blues na guitarra.
En 1978 chegou a Chicago, a tempo de aínda gozar dunha Maxwell Street en plena actividade. No ambiente fecundo dos Blues de Chicago trabou coñecemento e tocou con varios dos grandes nomes da cidade, como Big Walter Horton, Carey Bell, que viría a reencontrar en Lisboa en 1997, Floyd Jones, Michael Bloomfield, ou Paul Butterfield.
Unha casualidade do destino fixo que Carlos Pereira e João Luís Lobo, batería skydiver e esquiador aventureiro, se coñecesen en Nova York, corría o ano de 1992. A amizade e a conexión musical foron inmediatas e xuntos tocaran e participaron en diversos concertos e jam sessions na noite neoiorquina e polo midwest, con Minneapolis como destino principal.
João volveu para Portugal na fin dese ano e Carlos ó ano seguinte, en 1993, fundando en 1996 o grupo portugués de Blues de maior renome tanto a nivel nacional como internacional.
Charlie & The Bluescats contan con innumerables participacións en festivais internacionais de Blues, como o GaiaBlues e o Stª. Maria Blues en Portugal, o Blues Sur Seine en Francia, o Festival Internacional de Blues de Castela e León e o Ciclo de Ritmo e Blues en Aragón en España, ou o Breda Jazz Festival en Holanda, ben como tournées consecutivas no circuíto de clubs, concertos e festivais de Blues europeo. A banda colaborou tamén con B.B. King e Carey Bell en concertos realizados por estes en Portugal.
Charlie & The Bluescats son:
Charlie (Carlos Pereira): Voz e Guitarra
João Luís Lobo: Batería
Fernando Sousa: Baixo

VENDA DE ENTRADAS:

• Taquilla: O día previo, o mesmo día, de 11 a 13,30 horas, e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es
Tarifa:
Día 23, Tarifa A: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara.

No hay comentarios: