martes, 14 de octubre de 2008

OUFF

A 13ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense celebra a diversidade
Cun orzamento de 600.000 euros o certame celebrarase entre o 11 e o 18 de outubro.

"Celebrando a diversidade" é o lema co que se presenta a 13ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que por primeira vez cambia de datas e se celebrará no mes de outubro, entre os días 11 e 18.

Ademais desa aposta pola diversidade -coincidindo co Ano Europeo da Diversidade Cultural- que se concreta na exhibición de 283 filmes procedentes de 88 países de todo o mundo, a 13ª edición sitúa o Auditorio Municipal como espacio central do certame. A explanada posterior deste recinto convertirase durante oito días nunha feira do cine á que os organizadores queren atraer, ademais dos profesionais, o público, sobre todo o máis novo.

Récord de filmes
2008 bateu récord de filmes recibidos pola organización, 1.462, fronte aos 1.157 do ano pasado. Destes, seleccionáronse 113 para competición nas cinco categorías do festival: longametraxe, curtametraxe, documental, animación, e novos media (categoría creada este ano); optarán a algún dos 18 premios do palmarés.

As outros 170 cintas poderán verse nalgunha das 14 seccións temáticas propostas: algunhas xa habituais do certame ourensán, como Panorama Galicia, Cine e Emigración, Cine e Muller, Memoria Histórica, Perlas Inéditas en Ourense, Perlas Curtas, Perlas Animadas e Cine nas Aulas, e outras novas nesta ocasión: Retratos de Cine, Saíndo do armario, Visións de América Latina, Cuba si, Ópticas cruzadas: Galicia/Cuba, Diálogo de Xeracións.

O propio Auditorio, o Teatro Principal, o Edificio Simeón e ata cinco salas do Cinebox acollerán as proxeccións.

De maneira parelela, haberá actividades para os profesionais, como un foro sobre audivisual e lingua ou varias masterclass (clases mestras) de guión, coprodución internacional e desenvolvemento de proxectos internacionais a cargo de expertas do Programa Media da Unión Europea

600.000 euros de orzamento
O Festival de Cine de Ourense dispón este ano dun orzamento de 600.000 euros, dos que 180.000 proceden das arcas municipais, un 50% máis que en anteriores edicións. Este incremento supón para o tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, a ratificación da aposta do novo goberno pola cita cinematográfica. "É importante facer ver á empresa privada e ás institucións de fóra que esto é unha aposta", recalcou.

As novidades nesta próxima edición do festival -que xa fora "reinventado" na última- forman parte do plan de reestructuración a tres anos que desenvolve o Consorcio que xestiona a cita cinematográfica ourensá e que busca aproximar a súa estructura e fins ás últimas tendenzas en materia de festivais de cine.

Xa sabedes, para os que vos guste o cine e os que non, tedes unha boa cita en Ourense. :DD

No hay comentarios: