lunes, 17 de noviembre de 2008

SEMANA MUSICAL DE SANTA ICÍA

Os días 18, 19 e 20 de novembro, celebránrase no Conservatorio Profesional de Música de Ourense dous concertos e unha conferencia para conmemorar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos.

Os concertos terán lugar no Auditorio do Conservatorio e estarán protagonizados por profesores (18 de novembro) e alumnos (19 de novembro) do centro. Ámbolos dous serán ás 20 h. e a entrada será libre. Neles poderemos escoitar distintos solistas (piano, clave, violín, trompeta, etc.) e formacións camerísticas (dúo e cuarteto de percusión, trio de vento madeira, trío de clave, violín barroco e viola da gamba, etc.) así como músicas de autores como Graun, Chopin, Brahms, Burgmüller, Ferrer Ferrán, Scriabin, etc. así coma unha peza
composta polo profesor, anteriormente alumno, de percusión do centro David González Outomuro.

Por outra banda o xoves, 20 de novembro ás 19 h., a profesora de Historia da Música do Conservatorio, Mª Irene Rodríguez Collazo, ofrecerá unha conferencia na Sala de Audicións que ten por título Teatro á moda: a escenografía na ópera e no teatro.
Dende o Conservatorio queremos convidar a todos os cidadáns de Ourense a acompañarnos nestes actos que, agardamos e desexamos, serán de grande interese e axudarán a enriquecer a oferta cultural da cidade.

No hay comentarios: